Requián celebra o Santiago con tres días de festas

A parroquia de Requián celebra a vindeira semana ao seu patrón, Santiago Apóstolo. Ademais dos oficios relixiosos na igrexa parroquial, a oferta festiva complétase con catro días de música. O 25, martes, a orquestra Alianza ofrecerá sesión vermú e verbena popular. Tomaralle relevo ao día seguinte o grupo Dilema, e o 27 pola noite farán dúo as orquestras Armonía Show e El Combo Dominicano.

Advertisements