Un niño soterrado de velutinas alarma O Pedrido

Niño primario con vespas asiáticas

Un niño soterrado de vespas velutinas causou alarma na tarde do domingo na praia bergondesa do Pedrido. Ao lugar trasladouse o servizo municipal de urxencias para retirar o niño, ubicado nunha zona próxima á caseta dos socorristas. Ata o lugar foi tamén unha unidade dos bombeiros de Betanzos, que con equipos especiais procederon a neutralizar o niño rociando cun produto insecticida o buraco de entrada.

Despois, os expertos sinalizaron a zona, aínda que os bañistas puideron seguir gozando do día de praia con normalidade. Neste sentido, os bombeiros de Betanzos indicaron que a presenza das velutina causou inicialmente certa alerta na praia, pero non foi preciso evacuar aos bañistas e que o incidente solucionouse aos poucos minutos da fumigación.

Advertisements