O voceiro do PP cólase novamente nun acto da Xunta, a visita ao campo de traballo do Pasatempo

O voceiro do PP repasa o seu móbil mentres integrantes do goberno local e galego atenden as explicacións dos técnicos

A Xunta, a través da Dirección Xeral de Xuventude, e o Concello organizan un campo de traballo para dez mozas e mozos que están a replantar o invernadoiro do Pasatempo, no primeiro nivel do xardín histórico e, de paso, recibindo formación en técnicas de restauración, dinámicas de socialización e posta en valor do patrimonio, aprendizaxe de técnicas de recollida etnográfica e posta en marcha de ferramentas e métodos de divulgación cultural. Os traballos, que se desenvolverán desde o 10 ao 21 de xullo, están financiados nun 63 % polo Concello.

O alcalde, Ramón García Vázquez, visitou a zona xunto á directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e o concelleiro de Xuventude, Andrés Hermida. Na visita, malia non ser parte do gabinete do goberno galego nin estar no executivo municipal, colouse o voceiro do PP na localidade, José Ángel Rodríguez.

A imaxe do edil do PP é xa a tónica habitual nas visitas dos distintos responsables da Xunta e singularmente da Directora Xeral de Xuventude, vicepresidenta local do PP. Así, o PP mestura Xunta e partido para tratar de dar a coñecer ao seu portavoz entre a franxa máis nova de idade, utilizando actos institucionais e centros educativos. Por descontado, ningún dos representantes dos outros grupos da Corporacion betanceira foi convidado.

Advertisements