Abegondo celebra hoxe un pleno tras anular o Supremo o PXOM

O concello de Abegondo

Á unha e media da tarde a Corporación abegondesa celebrará un pleno ordinario. Na orde do día, asuntos como o informe sobre o estado do Consorcio das Mariñas ou a ampliación do proxecto Leader para a Reserva da Biosfera, dous organismos que tamén preside Santiso Miramontes. Pero sobre o principal asunto que afecta aos abegondeses, a anulación do seu PXOM polo Tribunal Supremo, o alcalde non inclúe nada na orde do día. Porén, o asunto planeará sobre a sesión.

Das formacións que integran a oposición no pleno, AxA e Foro Veciñal (a marca local de En Marea), ningunha valorou a sentenza. Desde fóra da Corporación si o fixo o BNG, que reclamou un cambio de modelo e exhortou a Santiso Miramontes a asumir a súa responsabilidade no fallo.

Advertisements