Bergondo e a Xunta lanzan un programa de prácticas en empresa para 15 alumnos

A A-6 ao seu paso xunto ao polígono de Piadela

O Concello de Bergondo presenta o proxecto Deseñando ou teu futuro, co que un grupo de quince novos poderán realizar visitas e estancias en empresas de distintos sectores co fin de coñecer de cerca a realidade empresarial. O proxecto desenvolverase entre o 22 de agosto e o 15 de novembro deste ano e poderán participar os mozos de entre 14 e 18 anos empadroados no Concello.

A iniciativa, financiada pola Consellería de Política Social da Xunta, pretende que os mozos realicen estancias de entre cinco a quince días cunha xornada de catro horas en empresas de diferentes sectores económicos da comarca como o textil, eléctrico, mecánico, o de jardinería, comercio ou deseño gráfico. Os mozos poderán coñecer o traballo que realizan as empresas, as ferramentas necesarias para a procura de emprego e as actitudes para tómaa de decisións.

Advertisements