O goberno local pide a Augas que limpe as canles de Mendo e Mandeo

A limpeza do Malecón este verán non solucionou o problema

O goberno local informou que o alcalde mantivo unha reunión con responsables de Augas de Galicia para, entre outras cousas, tratar aspectos relacionados cos ríos Mandeo e Mendo. Neste sentido, o primeiro edil pediu a limpeza das canles para retirar ramas ou troncos que cos arrastres do inverno se encontran no río.

En concreto, desde Augas está previsto que se limpe a zona entre a ponte do Carregal e Roibeira, e que tamén se realicen labores no río Mandeo para completar os executados polo voluntariado de Protección Civil do Concello, tendo en conta que a Administración local non pode contratar este tipo de traballos ao non ser da súa competencia nin estar no seu termo municipal.

 

 

Advertisements