O CFEA de Guísamo cederá unha tonelada de uva á IXP Viños de Betanzos

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia decidiu ceder unha tonelada da produción do seu Centro de formación e experimentación agroforestal de Guísamo aos produtores acollidos á IXP Viños da Terra de Betanzos. O motivo, os danos ocasionados polas xeadas do pasado mes de abril, que causaron numerosas perdas na produción de uva dos viticultores de Betanzos. As uvas cedidas serán nun 70% da variedade branco lexítimo e nun 30% da variedade Godello. O Centro cederá a maior parte da produción e reservará unha parte da mesma para poder continuar os seus ensaios habituais.

O reparto das mencionadas uvas realizarase entre os membros da asociación de viticultores de Betanzos integrados na Indicación Xeográfica Protexida o próximo outono logo da vendimia. O reparto realizarase tendo en conta as perdas declaradas por mor da xeada.

O anuncio chega logo de que o BNG reclamase nos concellos da comarca axudas para estes produtores, nunha demanda que tamén chegou ao Parlamento de Galicia.

Advertisements