Tres novos cursos centran a oferta da Aula CEMiT este agosto que ven

Acceso á Aula CeMIT, no antigo convento de San Domingos

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar tres actividades formativas.
Do 1 ao 4 de Agosto comezamos cun curso de capacitación dixital “Iniciación á informática” dirixido a persoas sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso do ordenador. Terán a posibilidade de aprender a crear e traballar con carpetas, utilizar memorias usb e pasar as fotos do teléfono ó ordenador. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 a 12:00 horas.

Do 07 ao 10 de Agosto será a quenda de “Procesador de textos: Writer” dirixido á poboación en xeral con coñecementos básicos de informática. Neste curso terán ocasión de coñecer os fundamentos dun procesador de textos, tales como formato, táboas, inserir obxectos, corrección ortográfica… En horario de 10:00 a 12:00 horas. Do 21 ao 25 de Agosto terá lugar o curso “Creación de Presentacións ” dirixido á poboación en xeral con coñecementos básicos de informática. Esta acción formativa ten como finalidade realizar elaborar e crear presentacións de diapositivas. En horario de 10:00 a 12:00 horas. A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na R/ Emilio Romai, nº 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981771300 ext 2401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzosARROBAxunta.es

Advertisements