Bergondo proxecta un paseo á beira do río Maior

O Concello de Bergondo

O Concello de Bergondo tramita un plan especial para a creación dunha senda peatonal e ciclista e de tres colectores de saneamento na parroquia de Lubre. A iniciativa conectará os lugares de Agrumias e Cambade cun itinerario de 2,1 quilómetros e completar o saneamento na parroquia reducindo os problemas derivados das inundacións nun punto que é considerado crítico.

O paseo pola beira do río, segundo o goberno local. servirá para o tránsito de peatones e ciclistas “como unha opción complementaria” á estrada DP-0813, “con maior seguridade viaria para o modo peatonal e en bicicleta, na parroquia de Lubre, enlazada no extremo norte coa senda R6 das Rutas de senderismo no Consorcio das Mariñas”, sinala o documento do plan especial. Ademais, contan con que funcione como atractivo turístico e axude a minimizar as inundacións do río Maior grazas á nova rede de saneamento, que beneficiará, segundo as súas previsións, a 650 veciños.

Advertisements