Curtis volverá esta fin de semana ás feiras de principios do século XX

O Concello de Curtis

A segunda edición de Curtis na Lembranza levará novamente ao municipio da montaña betanceira ás feiras de comezos do 1900, para o que contará con  130 postos de venda distribuídos en 25.000 metros cadrados e en catro naves cubertas e acondicionadas para o tipo de venda, entre elas, de gando, produtos frescos e artesanía. A idea é amosar como se celebraban as vendas na comarca a comezos do século pasado. O Concello prevé que o acontecemento mobilice a tanta xente como a Feira de Curtis.

Advertisements