O goberno local de Betanzos anuncia que repasará a ubicación dos contenedores do lixo

O Consorcio das Mariñas, ente encargado da xestión do lixo no noso concello, anunciou que ven de renovar os contenedores de recollida de residuos nas últimas semanas. Trátase, segundo anunciaron, de contenedores de maior capacidade, de carga lateral e adaptados aos novos camións de recollida adquiridos pola empresa contratada polo Consorcio.

A ubicación destes contenedores é, na maior parte dos casos a mesma que ocupaban os anteriores. Dadas as novas medidas e a carga lateral é a causa de que o goberno local teña que repensar onde colocalos e o goberno anunciou que se aceptarán achegas da veciñanza por se fose preciso cambialos de sitio.

Pola súa parte, BN anunciou a través do seu facebook que o estudo sobre a ubicación dos contenedores do lixo se ía producir grazas a esta formación e que “no próximo Pleno ordinario pedirán ao Concello que xunta co Consorcio busquen unha solución e sitúen os contedores onde lles corresponde sen obstaculizar tanto os vehículos coma a xente”.

Advertisements