O Concello fai público un informe de secretaría para xustificar que a biblioteca infantil siga pechada

A biblioteca infantil rematada e pechada dende hai máis de 6 anos

Os servizos xurídicos municipais desautorizan a contratación de persoal para o servizo da biblioteca infantil ou bebeteca, asegura o Concello. “Nun informe solicitado pola Alcaldía sobre as posibilidades legais de contratar persoal para poñer en funcionamento a bebeteca municipal, a secretaria xeral do Concello é clara ao manifestar que ‘non é posible a contratación de persoal’ en base a diferentes aspectos da Lei”, segundo explica o Concello betanceiro achega dunha contratación esixida en numerosas ocasións tras sete anos coa sala pechada por falta de persoal.

O informe da secretaria precisa, segundo o Concello, que non se pode contratar persoal porque o servizo non está subvencionado por outra administración e sería de nova creación, polo que non pode acollerse ás excepcións previstas pola lei. “Para a Secretaria tampouco está xustificada a excepcionalidade e a urxencia inaplazable”, sinala o Concello.

Durante anos o goberno xustificou manter pechada esta instalación situada nas antigas escolas García Irmáns por unha deficiencia no sistema de climatización e por unha denuncia da Dirección Xeral de Patrimonio. Sen embargo no ano 2015 parece que estes problemas coa climatización demostráronse solucionados ao superar o edificio todas as probas de climatización.

O goberno local do PSOE xustifica deste modo manter pechada unha obra que se levara a cabo con cartos públicos do Estado a través do Plan E de Zapatero no ano 2010 e que nunca chegou a estar en funcionamento.  Os populares e o BNG sosteñen desde hai anos que existen mecanismos para contratar ou redistribuir persoal e outras fórmulas para desbloquear a apertura desta sala de lectura infantil, entre elas, a xestión indirecta.

Nos últimos 6 anos o goberno local contratou a empresas privadas diferentes servizos públicos como o cemiterio, a limpeza viaria, a limpeza dos edificios municipais ou a xardinería, mais no caso concreto da Biblioteca infantil semella que o goberno local non valora esta opción a pesar do derroche de cartos públicos que supón ter unha instalación coma esta rematada e pechada dende hai 7 anos.

Entre as 2 fases da reforma deste edificio gastáronse mais de 1 millón de euros de cartos públicos. Nel atópase ademais de servizos sociais e a sede da empresa concesionaria do servizo de auga e alcantarillado e de ACEBE un estudo de radio que tampouco nunca chegou a funcionar a pesar de estar completamente acondicionado e a polémica biblioteca infantil.

 

Advertisements