Oza-Cesuras e Coirós ofrecerán en setembro tres talleres para persoas desempregadas

O Concello de Oza dos Ríos

As persoas en situación de desemprego de Coirós e Oza-Cesuras poderán participar a partir de setembro en talleres de emprego que os concellos realizarán de modo conxunto. Os obradoiros, cada un con 20 prazas, terán lugar en Oza-Cesuras compartido con Coirós. Outros concellos da comarca ofrecerán tamén aos seus veciños talleres de formación que a Xunta concedeu de modo conxunto, como Bergondo, Betanzos, Carral, Paderne ou Abegondo.

Os talleres, que foron aprobados no último Consello da Xunta, permitirán aos seus alumnos realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas nos municipios onde se desenvolverá a acción formativa. Os participantes nos cursos recibirán ao terminar un certificado de profesionalidade. A duración dos talleres ampliouse de seis a nove meses e comezarán en setembro.

Advertisements