Buscan con drones a un ancián desaparecido en Curtis

O cuartel da Garda Civil de Betanzos, na praza Alfonso IX

A unidade operativa de drones da Axencia Galega de Emerxencias, xunto con efectivos de urxencias e un helicóptero da Garda Civil, participaron na procura dun home de 89 anos veciño da parroquia de Fisteus, en Curtis, que desapareceu o mércores. Os primeiros labores de procura con drones concluíron sen resultados. A busca iniciouse cando o fillo do ancián alertó ao 112 da súa falta.

Advertisements