Ferida en Betanzos O Vello a causa dun accidente co seu tractor

Unha ambulancia trasladou á ferida ao CHUAC

Unha veciña de Betanzos de 65 anos de idade resultou ferida o pasado venres a causa dun percance co seu tractor e tivo que ser trasladada  ao CHUAC, onde permanece ingresada con prognóstico grave. O percance ocorreu na parroquia de Tiobre, no lugar de Betanzos O Vello, preto das 22 horas, cando a muller estaba fresando co vehículo agrícola, que lle pasou por encima das pernas, segundo informou o 112.

O accidente provocoulle cortes nas pernas, un traumatismo craneoencefálico e diversas contusións. A central de emerxencias foi alertada por un veciño do lugar.

Advertisements