Os alumnos e alumnas da UNED Sénior reciben os seus diplomas en Momán

Luis Ángel Rodríguez é o cura de Xestoso e coordinador da UNED Sénior

O curso 16/17 da UNED Sénior remataba coa entrega de diplomas en Momán, nun acto que contou coa participación de representantes dos Concellos que teñen implantadas aulas da UNED Sénior: Monfero, Rianxo, Lousame, Paderne, Rois e Xermade.

A presentación corría a cargo do coordinador da UNED Sénior e párroco de Xestoso, Luís Ángel Rodríguez Patiño. “Non os nomeo , de entre centenares de persoas, por ser máis importantes, pois todos os corazóns daquela gran sala, son iguais en espírito. Iguais en forza de vontade, Iguais na perseveranza das ganas de vivir. Corazóns cheos de empatía. Corazóns latexando harmonía e amizade. Corazóns inundados de alegría. Corazóns que bombean entusiasmo e ilusión. Todos, teñen o mesmo obxectivo. Corazóns recios, pintados co agarimo da fraternidad do compañeirismo. Corazóns genuinos. Pura cordialidade”.

Logo da entrega de diplomas celebrábase unha comida amenizada pola banda de música dos alumnos e alumnas da propia UNED Senior Coruña.

Advertisements