Sadamaioría e BNG rexeitan que a Fundación Franco xestione as visitas a Meirás

Vista do Pazo de Meirás

Sadamaioría e BNG mostraron o seu rexeitamento a que a Fundación Francisco Franco sexa a encargada de xestionar as visitas ao Pazo de Meirás. Para Sadamaioría, trátase de “unha burla ás vítimas da ditadura, á memoria histórica e á propia cidadanía”.

Os nacionalistas consideran “inaceptable que unha entidade filofascista” controle estas visitas. O BNG sadense recorda que desde que asumiu a Concelleira de Promoción económica e Turismo, en xullo do 2015, “levamos esixindo a xestion municipal das visitas ao Ben de Interese Cultural do Pazo. Ante o disparate de que asuma esas funcións a Fundacion Francisco Franco trasladaremos a demanda ao Parlamente Galego para obrigar ao PP de Feijoo a posicionarse: cos franquistas ou co pobo!”. O BNG trasladou xa este asunto ao Parlamento.

 

Advertisements