O Concello de Betanzos fai unha enquisa sobre a ordenanza de la ORA e o parking express

Un parquímetro da ORA no centro de Betanzos

O Concello de Betanzos publicou o luns na web municipal unha enquisa para que a veciñanza dea a súa opinión, a través de seis preguntas,  sobre o proxecto de ordenanza reguladora do servizo de aparcamiento público (ORA). O que non explicou e onde e cando dará a coñecer os resultados desta enquisa e da anterior fase de participación desta ordenanza nin se vai ter en conta as opinións que se manifesten nin cómo.

No cuestionario pregúntase aos veciños sobre o aparcamiento limitado (ORA), os cambios que propoñerían para cada unha das tres zonas delimitadas de aparcamiento (azul, verde e vermella) e sobre o estacionamiento no casco histórico. A zona azul sería a zona ORA, a verde a de residentes e a vermella a de aparcamento express no casco histórico. Outra das preguntas é sobre se defenden a zona ORA de pago ou a rotación gratuíta, como defenden algúns grupos da corporación como o BNG.

A enquisa pódese cubrir neste enlace: http://www.betanzos.gal/cgi-bin/Betanzos.pl?L&Cliente=Betanzos&Ses=170802114628&Idm=es&Id=EN. Non se recolle na web información sobre ata que data se poderá cubrir esta enquisa.

Advertisements