O semáforo da Nacional-VI en Guísamo entra por fin en funcionamento

A N-VI ao seu paso por Guísamo

O semáforo de Guísamo situado na Nacional-VI entrou o pasado luns en funcionamento. Esta posta en funcionamento vai acompañada da retirada das bandas rugosas e forma parte do plan preventivo de seguridade do Ministerio de Fomento. O proxecto incluía o repintado dos pasos de peóns e do cebreado de seguridade previo, e a instalación de luces LED nos sinais de tráfico.

Este semaforo instalouse despois de meses de accións e queixas veciñais pola perigosidade do tramo da estrada Nacional VI en Guísamo para os peóns.

Advertisements