Arranca o segundo campo de traballo estival de Fragas do Mandeo

O alcalde accidental de Coirós, Manuel Corral, dará hoxe a bienvenida oficial aos voluntarios do segundo campo internacional de traballo, nun acto no Centro de Interpretación de río Mandeo ás 11.30 horas. O traballo, enfocado á recuperación ambiental do cume da Espenuca, comezou o martes e desenvolverase ata o 12 de agosto. Os 15voluntarios, de entre 18 e 30 anos, proveñen de todo o territorio do estado e de países como México, Francia e Italia.

O obxectivo do campo de traballo, coordinado pola Fundación Fragas do Mandeo é recuperar o bosque de ribeira e erradicar as especies exóticas invasoras que deterioran o bosque de ribeira. Para isto traballarán no rego das Bouzas, un afluente do río Mandeo que desemboca no lugar de Chelo. Adicionalmente, colaborarán no mantemento deste espazo natural recollendo todo o lixo que atopen nas zonas nas que traballen e ó longo das rutas que sigan nas súas visitas ó espazo natural.

 

Fragas do Mandeo promoveu este campo de traballo para incrementar a súa capacidade de actuación nas tarefas que ven realizando para recuperar os hábitats naturais da comarca de As Mariñas. Conta con apoio do Concello de Coirós e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, que corren co financiamento. “O campo de traballo é un complemento das xornadas de voluntariado que convocamos ó longo de todo o ano” explica o presidente da Fundación, Fernando Bandín.

Advertisements