Deteñen a un home tras dar positivo en alcol tras un accidente na AP9

Patio interior dos xulgados betanceiros

Un home foi detido onte tras sufrir un accidente e dar positivo na proba de alcolemia. Os feitos aconteceron ás 23.45 horas de onte, cando o vehículo saír da vía e envorcou no quilómetro 1,9 da AP-9. O home, de orixe brasileira e residente en Portugal, resultou ileso no sinistro. A Garda Civil de Tráfico procedeu a deter ao home de 47 anos de idade tras arroxar un resultado de 0,64 e 0,66 miligramos por litro de aire espirado, sendo o límite penal de 0,6. O individuo pasou a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número 2 de Betanzos, acusado dun suposto delito contra a seguridade vial.

Advertisements