O BNG pedirá ao pleno de Sada rexeitar a xestión de Meirás pola Fundación Franco

Vista do Pazo de Meirás

O pleno de Sada debatirá unha moción do BNG sobre a xestión das torres de Meirás por parte da Fundación Francisco Franco, dedicada a enxalzar a vida e obra do dictador. Así, os distintos grupos políticos con representación na Corporación de Sada terán que pronunciarse no pleno sobre a xestión do que foi pazo tamén da Pardo Bazán. O BNG rexeita que a fundación converta o pazo “nun parque temático para facer apología da ditadura e o dictador”.

Mentres, e tras anunciar a vicepresidenta da Deputación, a nacionalista Goretti Sanmartín, que denunciarán se a entidade fai apoloxía do franquismo, a Xunta anuncia que “vixiará” o comportamento da Fundación Francisco Franco (FNFF) na xestión das visitas ao Pazo de Meirás. O vicepresidente, Alfonso Rueda, declarou  que o Goberno de Nuñez Feijóo estará “pendente” de que a actuación desta “organización cultural” sexa “democrática”.

Advertisements