Miño celebra a feira da Cebola Chata con exhibicións de oficios tradicionais

Miño celebrará mañá unha nova edición da Feira da Cebola Chata, na que se exhibirán tarefas agrícolas tradicionais, como a elaboración de pezas de roupa a partir de diferentes materiais, como a la. Integrantes do colectivo Cabanas Rural mostrarán os traballos de trasquilado, cardado, fiado e calcetado da la.

Tamén haberá unha exhibición de trilla do trigo da variedade Callobre con medios manuais e mecánicos. Este trigo foi recuperado polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo a instancia dos panadeiros artesáns a partir das sementes proporcionadas por un veciño de Callobre.

 

Advertisements