Saen a contratación as obras de mellora na Cerca e Lanzós

Solar que ocupaba a Casa Gótica do rexedor Lopo García de Vilousaz na rúa da Cerca

O Concello de Betanzos sacou a contratación as obras de mellora da pavimentación e os servizos da rúa da Cerca e da travesía de Lanzós en pleno Casco Histórico por 204 459 euros máis IVE. Os traballos están financiados cun plan de obras da Deputación Provincial e incluirán a renovación das redes de subministro e a substitución do firme.

Advertisements