Un vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial pregoará o San Roque 2017

Coroación da raíña das festas. Arquivo.

O maxistrado do Consello Xeral do Poder Xudicial, Juan Manuel Fernández Martínez, será o encargado de ler o pregón que abrirá oficialmente as festas patronais de San Roque 2017. Foi integrante da permanente do órgano de goberno dos xuíces e anteriormente presidiu o Tribunal Superior de Justicia de Navarra, onde actualmente compatibiliza o seu cargo de maxistrado na Sala do Civil e o Penal co de vogal no CGPJ, onde se integra no bloque conservador. Antes, en 1985, tras superar as probas selectivas, fora nomeado xuíz titular do xulgado de distrito de Betanzos, de onde pasou ao pouco ao da Pamplona e Estella.

Ademais, o goberno local opta por manter o número da raíña das festas. Así, será raíña a moza Alba Pérez Medín e Lía Maceiras Sánchez foi a elixida para ser raíña infantil.

 

 

Advertisements