A Xunta dá case 300 000 euros para un obradoiro de emprego sostible na Reserva

Unha horta da comarca de Betanzos

A Xunta ven de outorgar unha subvención de 279 959 euros para a realización dun obradoiro de emprego no territorio da Reserva da Biosfera. O programa, denominado “Reserva da Biosfera: emprego sostible”, está promovido por entidades dos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras e Paderne.

En total terá 20 prazas e durará nove meses, do 1 de setembro ao 31 de maio de 2018. O curso estará dividido en dúas especialidades formativas: froiticultura por unha banda, para dez persoas, e produción de sementes e plantas en viveiros, para outros dez participantes. Dos 279 959 euros, 122 976 serán para formación 156 983, para gastos salariais dos alumnos e traballadores participantes. O programa será xestionado polo GDR, que é o organismo rector da Reserva.

Advertisements