O goberno local promove obras no parque da Estación para minimizar o efecto de chuvias e mareas

Unha vista do parque Pablo Iglesias

Elevar os viais, pavimentalos en formigón e colocar novos sumidoiros e bordos para evitar o paso da auga. Son parte das actuacións que o goberno local inclúe nun proxecto valorado en 40 000 euros para minimizar o efecto das mareas e a chuvia no parque Pablo Iglesias. O primeiro parque público da localidade queda actualmente enterrado baixo os niveis das estradas que o rodean, o que ocasiona acumulación de auga en tempada de chuvias e filtracións desde o subsolo cando as mareas son moi vivas.

Débese, entre outras cousas, a que foi construído, hai máis de cen anos, sobre parte do antigo cauce do Mendo, desviado a partir da Ponte Nova cando se construíu a liña férrea. As sucesivas ampliacións dos viais que o circundan remataron por situalo a máis dun metro por debaixo, por exemplo, do Paseo Ramón Beade, no que a Deputación financia a reposición de beirarrúas, a súa prolongación na marxe esquerda en dirección ao porto ata o límite co paso a nivel de ferrocarril, a pavimentación da avenida e o acondicionamiento da franxa dereita. Estas actuacións teñen un custo que excede os 120 000 euros e que executará a Deputación.

Advertisements