Un premio dun millón na Euromillones, selado na rúa do Rollo

A rúa do Rollo, coa administración de loterías en primeiro termo

Un boleto selado na administración número dous de loterías de Betanzos, Loterías Chirri na rúa do Rollo, foi agraciado cun millón de euros no sorteo do Euromillones celebrado na noite do venres 4 de agosto. En declaracións a Europa Press e tras mostrar a súa alegría por vender o boleto agraciado, a encargada deste establecemento, Yolanda Villar, explicou que o gañador “pode tratarse dun cliente habitual” da administración, aínda que descoñece a súa identidade. “É imposible saber quen é porque por aquí pasa o Camiño de Santiago, pero como foi selado entre o luns e martes, que é cando veñen os clientes habituais, creo que pode ser un destes”, manifestou.

Yolanda Villar destacou, ademais, que este non é o primeiro premio que reparten, xa que, por exemplo, no pasado Sorteo Extraordinario de Nadal, repartiron un quinto premio e recentemente selaron unha bonoloto agraciada con 87 000 euros, entre outros.

Advertisements