Buscan a un maior da Ribeira que falta da casa desde hai días

O cuartel da Garda Civil de Betanzos, na praza Alfonso IX

Un helicóptero peneirando o Mandeo durante toda a mañá de onte e tomando terra na explanada do Carregal alarmou á veciñanza de Betanzos. O motivo da presenza da aeronave é a busca de Antonio Pena Edreira, Cholo, un veciño do barrio da Ribeira de 78 anos que falta do seu domicilio desde o pasado venres.

O seu fillo alertou da desaparición logo de que non voltase a casa. Vestía pantalón azul escuro e camiseta gris e precisa medicación. A Garda Civil e Protección Civil de Betanzos continúan a buscalo. Agradécese calquera información que se poida facilitar a estes corpos de seguridade para dar con el.

 

 

Advertisements