Miño logra o Q para a praia grande, que segue sen bandeira azul outro ano

Vista da praia grande de Miño

A praia Grande de Miño logrou o distintivo Q, o principal indicativo español da calidade das praias, tras superar unha auditoría. O goberno local afirma que se valoraron os equipamientos, a limpeza, recolleita selectiva de residuos, socorrismo, información, accesos, servizos higiénicos e a calidade dos establecementos de lecer da contorna.

“Trátase dun paso máis no noso obxectivo de impulsar o potencial turístico de Miño e aproveitalo de forma efectiva para que repercuta na economía local” sosteñen nun comunicado nas redes sociais dando a entender que é froito dun esmerado traballo do executivo, que hai dous anos perdeu outro indicativo turístico, a bandeira azul, pola ausencia de socorristas.

Nin a bandeira azul nin o Q valoran a calidade da auga de baño, que descende progresivamente ano tras ano segundo as analíticas que realiza a Xunta, tanto para as zonas de baño como de marisqueo. A falta de capacidade e mal funcionamento da depuradora do Baxoi probablemente sexa unha das causas, segundo varias fontes.

Advertisements