Un cabalo de Oza-Cesuras, o mellor da XVIII festa do Cabalo de Teixeiro

O Centro Etnográfico do Río Mandeo, en Teixeiro, Curtis

A Festa do Cabalo, que se celebra desde fai 18 anos en Teixeiro e tivo lugar a pasada fin de semana, acolleu a oitava edición da proba morfolóxica, puntuable na Copa Galicia de Pura Raza Galega. O concurso abriuse coa categoría de sementais de pura raza galega maiores de tres anos. Proclamouse campión o cabalo de nome Jalisco, de Marcelino Freire Abad, de Oza-Cesuras, con 71 puntos. Na sección de eguas, a primeira clasificada é Leixa, da ganadería Fandiño de Narón.

A feira está organizada polo Concello de Curtis, en colaboración co Clube Hípico de Teixeiro, a Xunta e a Deputación, a Federación Hípica Galega e a asociación pura raza galega.

Advertisements