Aberto o prazo para vender na “Mostra de viños e produtos da Reserva”

Un xarro con viño de Betanzos nunha adega

Xa está aberto o prazo para apuntarse como expositor e vendedor na quinta edición da mostra de viños e produtos que organiza a Reserva da Biosfera dás Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que terá lugar Betanzos durante a fin de semana do 23 e o 24 do mes de setembro. A Reserva sostén que esta mostra que” se está consolidando” coa clara “vocación de ser un evento de referencia na comarca” e para constituír un “verdadeiro escaparate” dos viños procedentes da IXP Viño da Terra de Betanzos e das producións agrarias da zona.

A última edición deste certame trasladouse á praza do Campo, onde se montou unha praza de abastos portátil para acollela, se ben as edicións anteriores tiñan lugar no Casco Histórico nunha aposta, dicía daquela o goberno local, por dinamizar a zona monumental, cousa que, ao parecer, o ano pasado xa non era necesaria.

Advertisements