O goberno local de Bergondo aproba un regulamento para os bautizos civís

Juan Fariña (sentado), voceiro de En Marea e tenente alcalde, e detrás a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez (PSOE)

O bipartito bergondés levou ao último pleno a aprobación inicial dun regulamento de “acollementos civís” para establecer as normas dos bautizos civís. PSOE e Anova sacaron adiante a súa proposta coa abstención do PP e a edil non adscrita. Segundo os socialistas e a marca local de En Marea, hai demanda veciñal para que se regulen estes bautizos civís, que non se podían facer sen ter esta ordenanza, aprobada inicialmente e que sairá en breve a exposición pública.

Os dous socios do bipartito remarcan que estes actos serán gratuítos a diferenza do que acontece noutros municipios da área metropolitana coruñesa.

Advertisements