San Francisco acollerá o domingo o Concerto Cidade de Betanzos

A banda nun concerto na igrexa franciscana. Foto de http://www.banderosbetanzos.com

O vinceiro domingo 13, desde as nove do serán, a igrexa conventual de San Francisco acollerá un ano máis o concerto Cidade de Betanzos. No recital participarán a Agrupación Musical Carlos Seijo, a Coral Polifónica de Betanzos e a Banda Municipal de Música. O acceso ao acto é libre, como aperitivo ás festas que arrincarán ao día seguinte.

 

Advertisements