O goberno local licita a renovación da rúa Venezuela

O popular Google Maps evidencia a falta de seguridade na saída da rúa Venezuela á avenida de Castela

O Concello de Betanzos anunciou que iniciará a renovación da rúa Venezuela ante o seu “estado de conservación deficitario” tanto nos pasos de peóns como no pavimento. Aproveitarase a obra para renovar a rede de abastecemento de fibrocemento por outra de polietileno.

A actuación está financiada por un plan de obras da Deputación con máis de 140 000 euros. Segundo o goberno local, a actuación permitirá, ademais, unificar a tipoloxía de pavimentos, acabados e mobiliario co que agora teñen rúas contiguas coma as do Rollo, Pintor Seijo Rubio ou praza Francisco Blanco. No mesmo sentido, refaranse as pendentes para a incorporación á avenida de Castela, que agora son cunha inclinación pronunciada.

 

Advertisements