O novo PXOM de Bergondo mantén edificación na Longueira e o polígono de Obra do Paño

Juan Fariña (sentado), voceiro de En Marea e tenente alcalde, e detrás a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez (PSOE)

O novo PXOM de Bergondo, exposto desde onte no web municipal, suprime sete sectores urbanizables residenciais que figuraban nas normas subsidiarias, a excepción do R1 de Gandarío que xa se executou. No caso do sector da controvertida macrourbanización da Longueira, déixase en 127 vivendas. A memoria do plan inclúe datos moi xenéricos e boa parte da documentación aínda non se pode descargar do web, polo que non figura na documentación que se pode consultar o dato exacto de previsión de construción de nova vivenda.

Da documentación dispoñible si que se desprende que se pretende incrementar o solo urbano, tanto en Bergondo como en Guísamo e convertir en núcleo urbano o de Gandarío. Mantéñense as 17 hectáreas de solo industrial urbano previsto nas normas subsidiarias e o industrial urbanizable industrial xenera tres novas bolsas de solo, manténdose a controvertida promoción en Obra de Paño. O documento previo de inicio do plan proposto pola coalición PSOE-En Marea fala de configurar unha vila no municipio.

Advertisements