A Xunta inicia as obras nunha das súas dez casas do Casco Histórico con visita da conselleira

Plano para a rehabilitación da segunda casa gótica, cedida polos Romay á Xunta

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), da Consellería de Vivenda, publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a formalización do contrato de obras de rehabilitación do edificio número 9 da rúa da Cerca, no Casco Histórico, un dos que comprou a Xunta hai máis de seis anos. E hoxe a conselleira de Vivenda, Ethel Vázquez, acudirá a ver o inicio das obras nesta rúa en compañía do alcalde, Ramón García. A empresa Ogmios Proxecto realiza a reforma por 345 800 euros.

O DOG tamén publicou onte o acordo da Xunta de iniciar o proceso de selección das persoas adxudicatarias dunha vivenda de promoción pública para persoas con mobilidade reducida. A casa está na Condesa, na rúa Coral Polifónica. É unha edificación de 80 metros útiles e tres habitacións. Para efectuar a adxudicación elaborarase unha lista integrada por cinco persoas do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, que deben residir ou traballar no municipio, excepto emigrantes retornados.

Advertisements