As Sweet California abren este domingo as festas de Sada, que terán á Panorama e Los Satélites

A Terraza de Sada

Aínda que os festexos patronais sadenses oficialmente serán do 15 ao 18 de agosto, a vila mariñá abrirá os festexos xa esta fin de semana. Para o sábado día 12 está previsto a celebración do Día da Xuventude, con exhibicións,
graffiti e os concertos de SoulMacklein, Wöyza e Hard GZ, na praza Suárez Picallo desde as 21:30 h.

Co mesmo horario e escenario, o domingo as Sweet California protagonizan un dos concertos estrela deste verán en sada. O 14 serán Carlos Bau & 80 Razones Band quen na mesma praza, desde as dez e media da noite, amenice a noite do luns cun concerto homenaxe ao pop español dos 80.

O programa oficial de festexos é o seguinte:

Día 15, día de Santa María

11:00 h Dianas e alboradas. Animación matinal e festiva das rúas de Sada
12:30 h lugar Igrexa Nova. Tradicional Misa cantada na honra de Santa María nas Festas Patronais e procesión na honra de Santa María.
19:00 h Tradicional Festival de Música Coral de Verán.
21:00 h Lectura do Pregón das Festas Patronais de San Roque. lugar praza Suárez Picallo
22:30 h Verbena coa orquestra Fania Blanco Show.

Día 16, día de San Roque

11:00 h Dianas e alboradas. Animación matinal e festiva das rúas de Sada
12:30 h Igrexa NovaMisa cantada a cargo do Coro Municipal Agra das Arcas. Procesión acompañada pola Banda Municipal de Música.
18:00 h xardíns paseo marítimo. FESTA DOS MAIORES. Merenda de homenaxe e recoñecemento á figura dos veciños e veciñas de maior experiencia vital
19:30 h Actuación-show da Coral A Lembranza. Concerto de verán da Banda Municipal de Música de Sada ó aire libre.
22:30 h Verbena coa orquestra Los Satélites, lugar praza Suárez Picallo

Día 17, día de San Mamede

11:00 h Dianas e alboradas. Animación matinal e festiva das rúas de Sada
12:30 h Igrexa Nova. Tadicional misa cantada dentro das Festas Patronais.
22:30 h Verbena coa orquestra Panorama, lugar praza Suárez Picallo

Día 18, Sardiñada de agosto

11:00 h Dianas e alboradas. Animación matinal e festiva das rúas de Sada.
18:00 h área recreativa o curruncho. Tradicional sardiñada popular con asado deste produto da pesca extractiva vencellado á nosa tradición pesqueira. Prezos populares. Sardiñas, pan de broa, bebida e cunca conmemorativa de cerámica artesanal.
22:30 h Verbena coa orquestra Gran Parada, praza Suárez Picallo
00:00 h Espectacular sesión de lumes de artificio e acuáticos

 

Asimesmo, os días 19 e 20 haberá festa infantil nos xardíns paseo marítimo en horario de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 22:00 h,  con gran tirolina, inchables secos e acuáticos, animación deportiva, música… e un
espectáculo de peche moi especial.

Advertisements