Fenosa devolve uns 150 000 euros mal facturados ao Concello

Farola modernista do Campo co característico ‘verde Betanzos’

Gas Natural-Fenosa acaba de devolver ao Concello de Betanzos preto de 150 000 euros, atendendo a dous reclamacións formuladas polo consistorio logo de revisar as facturas dos últimos exercicios. A primeira devolución produciuse a finais do 2016 e a cantidade roldaba os 100 000 euros. e agora súmase unha nova devolución por 46 000 euros, segundo informou o goberno local, relativo a facturas que entraron con data do ano pasado.

A revisión ds facturas do subministro eléctrico produciuse a raíz de varias denuncias de concellos galegos. En 2015 o BNG presentou unha moción para revisar a facturación, analizar se estaba ben facturada a luz e reclamar, de ser o caso, a devolución do que a compañía cobrara de máis. No remate daquel ano o goberno local cifraba xa en 70 000 euros os cobros indebidos realizados pola eléctrica.

Segundo o goberno local, as diferenzas prodúcense nos cargos relacionados con enerxía reactiva, a aplicación da discriminación horaria e os prezos por kilovatio en hora punta e posibles duplicidades no cobro de servizos.

Advertisements