O concello mellorará o alumeado do polígono cunha subvención da Xunta

A A-6 ao seu paso xunto ao polígono de Piadela

O goberno local anunciou que executará melloras na iluminación do polígono industrial de Piadela. O investimento alcanza os 41 383 euros, dos que a Xunta aportará o 80 %, correndo o 20% restante por conta do Concello. Substituiranse as actuais farolas por outras de tecnoloxía led e substituiranse os cadros e cableado por outros máis eficientes.

Segundo o goberno local, esta actuación súmase ás xa executadas neste parque empresarial centradas nos viais e beirarrúas para “reforzar os equipamentos e infraestructuras dunha zona industrial que nos últimos anos experimentou un notable crecemento empresarial co asentamento de importantes empresas de distribución e sector da alimentación, entre outras”, segundo explicou o alcalde.

O goberno local explica que esta obra faise  a través dunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, nunha actitude diametralmente oposta ao que fai coas obras que financia a Deputación Provincial, onde oculta que os cartos proveñen do ente supramunicipal.

Advertisements