A Semana da Custodia múdase a Bergondo

O edificio da Senra 

O Centro Multiusos da Senra, en Bergondo, acollerá o sábado 24 de setembro a vI Semana de Custodia do Territorio, que nesta ocasión versará sobre a conservación do litoral. A xornada está organizada pola Asociación Mariñas-Betanzos e a Fundación Fragas do Mandeo e contarán coa participación, entre outros, da bióloga mariña Verónica García, o paisaxista Antón Bouzas e o oceanógrafo Jesús Gago. Unha eco-regata na que participarán varios colectivos, entre eles Arbe, pechará os actos o 1 de outubro.

Advertisements