A Garda Civil investiga dous incendios en Betanzos

O cuartel da Garda Civil de Betanzos, na praza Alfonso IX

A Garda Civil investiga dous incendios provocados en Betanzos nas últimas horas. O primeiro calcinou varios colectores de lixo en Requián e o segundo calcinou por completo un alpendre de Illobre e provocou a morte de máis de vinte galiñas e dez coellos, ademais doutros danos materiais en forma de colleitas almacenadas, apeiros e outros enseres.

A policía xudicial investiga se o lume foi intencionado rastrexando a presenza de acelerantes.

Advertisements