Bandoxa celebrará a súa tradicional romaría esta fin de semana

A parroquia de Bandoxa, en Oza-Cesuras, celebra este fin de semana as festas en honor á Virxe dos Milagres. O día grande será o domingo con misas cada hora desde as 09.00 horas ata o mediodía e con misa solemne á unha da tarde. O sábado tamén haberá varios oficios, nos que participarán varios sacerdotes da comarca. A romaría contará con sesións vermú e verbenas. A orquesta Harmonía Show será a encargada de amenizar os actos do sábado e o domingo será a quenda de Orquesta Pontevedra e Os Satélites.

Advertisements