A Deputación inicia a construción de dúas sendas peonís en dúas estradas súas en Betanzos

A DP-0901 dá acceso ao porto betanceiro

A sede da Deputación da Coruña acolleu onte a sinatura dos contratos para a contrución de dúas novas sendas peonís no concello de Betanzos, por un importe conxunto superior ás 150 000 euros. As obras, que se prevé que comecen durante o vindeiro mes de outubro, permitirán mellorar a seguridade peonil na estrada DP-0901 que da acceso ao peirao de Betanzos, cunha senda de formigón de 2 metros de ancho que discorrerá pola marxe esquerda da calzada entre os puntos quilométricos 0 e 0+260, en paralelo ao parque Pablo Iglesias da capital brigantina. As obras incluirán tamén o reforzo do firme da estrada cunha nova capa de rodaxe de mistura bituminosa en quente.

Tamén na estrada provincial DP-0105, que une os concellos de Bergondo e Betanzos melloraranse as condicións de accesibilidade peonil mediante a construción dun andén de 1,80 metros de ancho que enlazará coas beirarrúas existentes en Viuxa-Cortiñán. O tramo iníciase no PK 0+280 e discorrerá pola marxe esquerda ata o 1+200. Na marxe dereita levará tamén un pequeño tramo de senda entre os os pk 0+430 e 0+485, que permitirá colocar un paso de peóns para os viandantes que se dirixan ao bergondés lugar de Outeiro. Esta senda construirase con mistura bituminosa en quente e contará con bordillo de formigón.

Advertisements