Xabaríns de noite por varias rúas de Betanzos

Varios veciños de Betanzos difundiron onte a través das redes sociais varios vídeos de xabaríns paseando polo barrio da Ribeira durante a noite. As imaxes, similares ás captadas noutros municipios da comarca como Sada ou Cambre, mostran aos animais trotando pola zona da Ribeira e outros puntos da cidade.

O Concello alertou fai xa meses á Xunta da presenza de jabalíes en zonas habitadas e pediu medidas ante os danos denunciados por agricultores de zonas como As Angustias.

Advertisements