Selado en Guísamo un segundo premio da Euromillones

A N-VI ao seu paso por Guísamo

O sorteo da Euromillones celebrado o martes non contou con acertantes da máxima categoría, mentres que na segunda apareceu un boleto que foi selado nun despacho da localidade bergondesa de Guísamo, que será premiado con 841 908,45 euros. A combinación ganadora de está formada polos números 4, 21, 34, 36 e 37, ademais de por as estrelas 3 e 6. Ao non haber gañadores na primeira categoría, a cantidade destinada a premios pasa a engrosar o bote con destino ao próximo sorteo.

Advertisements