O Concello de Betanzos inicia as obras de reparación do tellado do mercado municipal

Vista do mercado de abastos municipal

O Concello de Betanzos iniciou as obras de acondicionamiento da cuberta do mercado municipal. A actuación considerouse urxente tendo en conta o estado de conservación de determinados puntos da cuberta con rotura de tellas e outros síntomas que facían necesario “un proxecto de adecuación reforzando o sistema”, sinala na memoria técnica que contempla a intervención no inmueble, construído en 1951 seguindo as indicacións dos arquitectos Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés.

Ademais dos aleiros, renovaranse tellas na cuberta que estaban partidas ou en mal estado, alcanzando os 40.000 euros de orzamento, de acordo coa mesma memoria e o programa de actuacións disposto pola Concellería de Comercio, Industria, Feiras e Mercados, que gestiona Mónica Carneiro.

Esta obra fora solicitada no Pleno polo BNG en maio do ano pasado, cando os nacionalistas advertían do mal estado da cuberta e solicitaban que se reservasen fondos no orzamento para esta obra.

Advertisements