Oza-Cesuras abre o prazo para solicitar as axudas ao estudo

O Concello de Oza

O Concello de Oza-Cesuras ten aberto o prazo para solicitar as súas bolsas ao estudo para este curso 2017/2018, ata o día 6 de novembro. Estas bolsas inclúen as axudas para material escolar e libros de texto e as axudas para actividades extraescolares.

As bases e os impresos para realizar as solicitudes pódense encontrar na páxina web do Concello.

Advertisements