O PSOE pedirá melloras no entorno da escola infantil de Miño

Faraldo, portavoz do PSOE de Miño

O PSOE de Miño presentará no próximo pleno un rogo para que o Goberno local amañe a contorna da guardería municipal, A Ceboliña que segundo eles neste momento se atopa nun “lamentábel estado de abandono”, con herba alta, musgo que sae entre os paneis de corcho e silvas. Tamén se atopan alí os restos dunha fonte pública.

Tamén presentou outros 2 rogos, un para que se recupere o banco retirado na Corredoira de Sombreu e que se coloquen outros dous na Galea e que se difunda a convocatoria dos plenos a través paneis luminosos.

Advertisements