O restaurante Sinuesa gañador da Semana da Tortilla

Restaurante Sinuesa resultou gañador da Semana da Tortilla de Betanzos.

Clasificáronse para a final dos 24 establecementos participantes os seguintes: Restaurante Sinuesa, Casa do Queixo, Mesón O Progreso, Restaurante Casanova e Taberna 1931.

Os mesmos que o pasado ano a excepción do Restaurante Sinuesa, que se clasificou por primeira vez para a final.

O formato da Semana da Tortilla ten como principal obxectivo facilitar a participación de hostaleiros na promoción deste produto e ao mesmo tempo promocionar os seus propios locais.

Os responsables dos establecementos destacaron o éxito da convocatoria tanto pola alta participación como polas vendas e a “importancia de organizar actividades como esta para promocionar a hostalaría local e un produto tan relacionado con Betanzos como a tortilla”.

Advertisements